Asus terá tablet con lapis dixitalizador de Wacom
venres, 10 de xaneiro do 2014
Co gallo do CES de Las Vegas Asus fixo oficial esta semana o
seu novo
tablet VivoTab Note 8, un equipo con Windows 8.1 que presenta unha pantalla
de 8 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles e que destaca
por contar cun lapis dixitalizador de Wacom, sendo o primeiro dispositivo
deste tipo en gozar de tal prestación, lembrándonos aos GALAXY Note de Samsung,
pero mudando Android por un Windows completo, e podendo resultar un elemento
diferenciador fronte a outros tablets de tal tamaño, pola precisión que achega
para o seu control o contar cun stylus
de precisión.
Este novo equipo conta cun procesador Intel Atom Z3740, 2 Gb de RAM, ata 64 Gb
de almacenamento interno ampliable mediante microSD, un grosor de 10,95
milÃmetros e 376 gramos de peso, que poderá gozar de grande aceptación por
funcionar cun Windows completo e ter un prezo de só 299 dólares con 32 Gb de
almacenamento interno e 349 dólares con 64 Gb de almacenamento (219 e 255 euros
respectivamente), agardándose que saian á venda entre os meses de marzo e
abril.
- O novo tablet de Asus poderase controlar cun lapis dixitalizador de Wacom