As unidades LaCie 2big Dock Thunderbolt 3 ofrecerán até 20 TB de capacidade
xoves, 20 de abril do 2017
Os profesionais que precisen de grandes capacidades de
almacenamento teñen agora unha nova opción da man de LaCie, compañÃa que ven de
anunciar o 2big
Dock Thunderbolt 3 con capacidades de 12, 16 e 20 TB, que integra no seu
interior un par de discos duros Seagate IronWolf Pro en modo RAID, conseguindo
tanto grande capacidade como velocidade (até 440 MB por segundo), de xeito que
é ideal para profesionais de vÃdeo en ultra alta definición e fotógrafos que
traballen con ficheiros de grande tamaño.
O 2big Dock Thunderbolt 3 é un produto moi completo, que conta na súa parte
frontal cun porto USB 3.0 e un par de rañuras para tarxetas de memoria SD e CF
(deixando clara a súa intención de resultar de utilidade para profesionais do
vÃdeo e a imaxe), mentres que na súa parte traseira integra dobre porto
Thunderbolt 3 (o que permite achegar enerxÃa a equipos portátiles e conectar simultaneamente
até 5 unidades LaCie 2big adicionais ou outras solucións con Thunderbolt ou
USB-C), un porto USB 3.1 (en formato USB-C, incluÃndo tamén un cable adaptador
ao anterior formato de USB) e DisplayPort para conectar a monitores.
Estas novas unidades sairán á venda no verán a un prezo por determinar, pero
non podemos esperar que sexa un produto económico, xa que o seu antecesor, o
2big Dock Thunderbolt 2, está dispoñible en capacidades de entre 6 e 12 TB a
prezos de entre 575 e 779 euros.