As últimas entregas de American Idol gravaranse con móbiles iPhone 11 Pro
luns, 11 de maio do 2020
Para adaptarse á situación de confinamento nos EE.UU. o
concurso televisivo American Idol está a tomar medidas bastante curiosas
para poder seguir adiante, como é a aposta por tecnoloxÃa de Apple para poder
continuar coa produción durante a pandemia.
Os produtores do programa da canle ABC están a enviar aos fogares dos
concursantes e xuÃces un lote composto por 3 móbiles iPhone 11 Pro (que farán a
función de cámara), un trÃpode e un anel de LED (como iluminación), que
instálase de xeito seguro para poder asà gravar os poucos episodios da presente
tempada do programa.
Actualmente son bastantes os espazos televisivos que optaron polo uso de smartphones
a xeito de cámaras que poden empregar dende os fogares dos seus presentadores e
entrevistados, aÃnda que desta volta resulta rechamante que cheguen
a asegurar que un smartphone ofrece «calidade de emisión», cando o habitual
é recoñecer que trátase dun recursos de emerxencia que non se escolle pola súa
calidade, senón pola súa facilidade de uso e aplicación.