Apple presenta unha nova solución de escritorio para profesionais
martes, 8 de marzo do 2022
A novidade máis importante presentada por Apple no seu
evento de hoxe é o da súa arquitectura de empaquetado UltraFusion coa que conseguen
unir dous chips M1 Max para crear un sistema M1
Ultra que consegue uns niveis de rendemento e capacidades sen precedentes,
facendo posible o novo equipo de escritorio Mac Studio.
O procesador M1 Ultra pode controlar até 128 GB de memoria unificada, 20
núcleos de CPU, 64 núcleos de GPU e 32 núcleos de motor neural, conseguindo que
profesionais do vÃdeo ou do deseño 3D poidan contar cunha solución de Apple
para traballos esixentes.
AÃnda que bote a andar nun equipo de escritorio, o M1 Ultra presume dun consumo
eficiente, polo que consegue menor consumo enerxético e tamén que os seus
ventiladores fagan menos ruÃdo mentres o procesador realiza cálculos pesados.
Mac Studio
O Mac Studio pode considerarse como unha versión avanzada do
Mac Mini, que incrementando o seu tamaño pode albergar procesadores de Apple
máis potentes, como o M1 Max no seu modelo máis básico ou o M1 Ultra, que irÃa
dirixido a profesionais máis esixentes. Para facernos unha idea da potencia
destes equipos, o Mac Studio cun M1 Max multiplicarÃa por 2,5 o desempeño de
CPU o iMac de 27 polgadas máis rápido, mentres que cun M1 Ultra multiplicarÃa
tal velocidade por 3,8, demostrando ser máquinas cun rendemento válido para
traballos profesionais.
Aparte de potencia, os Mac Studio tamén destacan pola súa conectividade,
estando equipados na súa traseira con 4 portos Thunderbolt 4, un porto Ethernet
de 10 Gbps, 2 portos USB-A, un porto HDMI e unha toma para auriculares, mentres
que na frontal tamén conta con 2 portos USB-C e un lector de tarxetas SD. Tamén
integra Wi-Fi 6 e Bluetooth 5.0.
Este equipo presume de poder mover comodamente varias pantallas á vez, de xeito
que podemos equipalo con até 4 monitores Pro Display XDR e un televisor 4K,
converténdose nunha solución moi interesante para profesionais do vÃdeo.
O Mac Studio con
procesador M1 Max parte dun prezo de 2.329 euros (con 32 GB de RAM e 512 GB
de SSD) e con procesador M1 Ultra partirÃa dun prezo de 4.629 euros (con 64 GB
de RAM e 1 TB de SSD) chegando aos 9.229 euros na súa configuración máis completa.
Studio Display
Como un bo complemento para o Mac Studio temos o Studio
Display, un monitor 5K de 27 polgadas con boa cámara e altofalantes, que está
deseñado en aluminio e pode equiparse cun soporte que permite axustar a súa
inclinación e mesmo xiralo 90 graos (opción que ten un sobrecusto de 460 euros).
Ten un brillo de 600 nits, a súa cámara web de 12 MpÃxeles ten un ultra grande
angular e soporta o encadre centrado en videoconferencias (pois o propio
monitor integra un procesador A13 Bionic), os seus seis altofalantes soportan Dolby
Atmos e tamén teñen 3 micrófonos cos que busca recoller a voz do xeito máis limpo
posible.
O Studio Display tamén está equipado con 3 portos USB-C, que incluso poderÃan
transmitir 96 watts para alimentar un MacBook Pro de 14 polgadas, reducindo asÃ
o número de cables no escritorio.
Este monitor sairá
á venda o vindeiro dÃa 18 por 1.779 euros no modelo con vidro estándar e a
2.029 euros con vidro nanotexturizado, e Apple tamén venderá versións en negro
do Magic Keyboard con Touch ID, do Magic Trackpad e do Magic Mouse para que
casen esteticamente no escritorio.
VÃdeo promocional dos novos Mac Studio e Studio Display