Artigos desta sección
Skype comeza a integrar a tradución en tempo real na súa aplicación oficial
Durante este ano Microsoft estivo a probar a súa tecnoloxía de recoñecemento de voz, tradución en tempo real e síntese de voz a través de Skype, para o que lanzou a aplicación de proba Skype Translator, que agora deixa de ter utilidade xa que as súas funcionalidades están a integrarse na aplicación de escritorio de Skype, permitindo así que as conversas de voz (...)
Ler máisYahoo Mail estrea aplicación para Windows 10
Os usuarios do servizo de correo electrónico de Yahoo que actualizaran o seu ordenador a Windows 10 teñen agora unha nova aplicación nativa dispoñible na Tenda de Windows, facendo así doada non só a lectura das mensaxes, senón tamén a notificación cando se reciben novas comunicacións. A aplicación aproveita para engadir novas funcionalidades e como principal (...)
Ler máisA aplicación móbil TravelCity axúdanos a planificar visitas á cidade da Coruña
O Concello da Coruña acolleu esta mañá a presentación de TravelCity, unha aplicación móbil desenvolvida pola galega Softwhisper (conducida por MarQuid Consulting) para a Asociación de Empresas de Hospedaxe da Coruña (HOSPECO), que busca dar a coñecer e promocionar os establecementos de hospedaxe da cidade a través da creación dun plan de visita da mesma, de (...)
Ler máisO tradutor de Microsoft xa está dispoñible para Windows 10
En Windows Phone 8.1 hai dende hai tempo unha popular aplicación chamada Traductor e, como ben indica o seu nome, trátase dun completo tradutor entre dúas linguas que seleccionemos, podendo introducirse as frases a traducir mediante teclado, voz ou cámara, e agora que xa temos Windows 10 en ordenadores e é inminente a súa chegada aos móbiles, por fin temos (...)
Ler máisPeriscope estrea retransmisións de vídeo horizontal
A aplicación para facer streaming de vídeo dende o móbil que lanzou Twitter hai poucos meses, Periscope, dispoñible tanto para iOS como para Android, presentaba unha importante carencia para moitos usuarios, xa que só gravaba vídeo en vertical, o que buscaba principalmente un agarre seguro e confortable do teléfono durante as retransmisións de vídeo, pero en (...)
Ler máisAndroid e iOS estrean un navegador web que bloquea a publicidade
Dende hoxe é realidade unha solución para dispositivos móbiles agardada por moitos usuarios e temida por moitos editores de espazos en liña, pois trátase da versión 1.0 do Adblock Browser para Android e para iOS, que vén a ser o xeito que atoparon os responsables dun dos engadidos para navegadores web que permiten bloquear a molesta publicidade de moitas (...)
Ler máisTwitter para Windows 10 incorpora importantes novidades
Non era ningún misterio que a aplicación de Twitter para Windows 10 estaba chea de carencias, faltándolle moitas funcionalidades que moitos considerarían esenciais, pero a súa última actualización parece ter solucionado a situación, de xeito que a ferramenta xa incorpora a posibilidade de xestionar múltiples contas de usuario, permite citar chíos (mediante o (...)
Ler máisDevolo presenta unha aplicación de balde para termos o mellor Wi-Fi
A firma europea Devolo vai presentar no salón IFA (do 4 ao 9 de setembro en Berlín) unha nova aplicación desenvolvida para “ter a mellor conexión Wi-Fi posíbel”. A tecnoloxía en cuestión é quen de determinar o lugar óptimo para emprazar un adaptador PLC-Powerline. Esta ferramenta para dispositivos de Devolo é de balde (descargábel en breve dende Google Play Store) (...)
Ler máisInstagram xa non obriga a que os seus contidos sexan cadrados
Aínda que os filtros formen unha parte esencial de Instagram, a aplicación para compartir fotografías dende o móbil máis popular a nivel mundial caracterizábase fundamentalmente porque as imaxe tiñan dimensións cadradas, tanto para imaxes como para vídeo, e sorprendentemente veñen de dicir adeus a esa condición para compartir contidos, atendendo a que un de cada (...)
Ler máisO comparador de prezos móbil OnYouGo pasa a chamarse Radarprice
Hai uns meses comentamos a existencia dunha aplicación para dispositivos móbiles que presumía de ser un comparador de prezos insubornable, que aproveitaba a cámara do smartphone para recoñecer códigos de barra, facilitando así a localización de produtos cando estamos mercando en tendas físicas, o que resulta moi práctico para tomar decisións de compra, pero este (...)
Ler máis0 | ... | 360 | 370 | 380 | 390 | 400 | 410 | 420 | 430 | 440 | ... | 1550
