Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

VLC chega a Apple TV

A chegada do novo Apple TV, dispositivo conectado ao televisor que finalmente contaba con soporte oficial de aplicacións, tiña actualmente como estrelas a Netflix e Plex, pero dende as últimas horas hai unha nova ferramenta que promete gañar o corazón dos propietarios deste trebellos de Apple, xa que finalmente está dispoñible o reprodutor VLC para Apple (...)

Ler máis

Playcast fai streaming a Chromecast e Apple TV dende Windows 10

Aínda que o Chromecast é un dispositivo para facer streaming de contidos na Rede que só está soportado oficialmente por navegadores web Chrome e aplicacións móbiles para iOS e Android, a compañía francesa Webrox xa achegou esta versátil tecnoloxía que achega contidos da Rede ao televisor a dispositivos con Windows Phone coa aplicación Tubecast, que facilitaba a (...)

Ler máis

Netflix renova a súa aplicación para Windows 10

Aínda que o servizo de Netflix funciona dende navegadores web, conta tamén cunha aplicación de seu para Windows 10, que vén de ser renovada para funcionar como unha aplicación universal, de xeito que achega unha aplicación para ordenadores e tabletas cunha interface nova, que permite moverse entre os contidos mediante desprazamentos horizontais e verticais (...)

Ler máis

Firefox estrea versión de 64 bits

Co incremento da cantidade de memoria RAM dispoñible nos equipos informáticos e os novos procesadores, os escritorios informáticos están xa a empregar masivamente sistemas operativos de 64 bits que tiren un bo proveito do hardware actual, pero aínda queda bastante software por dar tal salto (en boa medida para manter a compatibilidade con vellos equipos) e (...)

Ler máis

Orange propón unha solución para achegar as tabletas aos maiores

Para facilitar o manexo de tabletas por parte das persoais maiores Orange presentou Mi Esencial Tablet, unha aplicación dispoñible de balde para Android que simplifica a interface do dispositivo electrónico facilitando o seu uso e que poida xestionarse e configurarse remotamente dende o smartphone dun familiar (para o que se conta cunha aplicación cliente (...)

Ler máis

Skype Translator xa fala portugués

O servizo de tradución oral en tempo real de Skype continúa a evolucionar, e tras estrearse con soporte de español e ingles, e ampliar a mandarín, francés, alemán e italiano, chega agora tamén ao portugués do Brasil, de xeito que podemos comunicarnos por videoconferencia entre falantes das sete linguas, de xeito que a aplicación recoñece a voz, traduce o texto, (...)

Ler máis

Windows Live Writer rexorde como aplicación de código aberto

En 2006 Microsoft estreou a aplicación Windows Live Writer, que viña a ser unha especie de editor de texto que facilitaba a edición visual de entradas de blogs (compatible con plataformas como Blogger ou WordPress), funcionalidade que co tempo rematou sendo integrada no Microsoft Word (onde é moi pouco coñecida), e dado que a ferramenta resultaba moi (...)

Ler máis

A PlayStation Network estrea aplicación móbil de mensaxería

Para os que aínda non tiñan dabondo coa chea de aplicacións de mensaxería instantánea para dispositivos móbiles, chega agora Sony e bota máis leña ao lume con PlayStation Messages, aplicación que facilita a comunicación entre usuarios da PlayStation Network dende dispositivos móbiles con iOS e (...)

Ler máis

Dropbox pechará as aplicacións Carousel e Mailbox

Hai preto de 3 anos unha aplicación para iOS chegou coa intención de revolucionar o xeito de empregar o correo electrónico no móbil, de xeito que mediante sinxelos xestos permitíase arquivar ou borrar as mensaxes recibidas, ofrecendo tamén a posibilidade de que as mensaxes puidesen apartarse da vista para a súa consulta máis adiante, o que transformaba a (...)

Ler máis

BlueStacks 2 facilita o uso simultáneo de varias aplicacións de Android en Windows

BlueStacks, a ferramenta que permite gozar de aplicacións para Android en Windows e OS X, está de renovación, de xeito que xa podemos descargar BlueStacks 2, a meirande actualización até o momento, que presenta moitas características novas, aínda que advirten que poderían experimentar algúns problemas nas primeiras versións deste reprodutor de aplicacións tan (...)

Ler máis

0 | ... | 330 | 340 | 350 | 360 | 370 | 380 | 390 | 400 | 410 | ... | 1550

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade