ARCHOS pon á venda un tablet con pantalla de 10,1 polgadas e Coverboard
venres, 21 de setembro do 2012
Para levar os seus tablets un paso adiante, ARCHOS vén de
incorporar á súa tenda en liña o atractivo ARCHOS
101 XS, que presume de ter un grosor de só 8 milÃmetros e un peso de 595
gramos, unha tapa protectora magnética que fai á vez de teclado (bautizada como
Coverboard pola compañÃa francesa) e unha pantalla capacitiva de 10,1 polgadas
cunha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles. Temos asà un dispositivo bastante apto
para labores ofimáticas, que inclúe de balde a aplicación OfficeSuite Pro 6
(que permite editar ficheiros de Word, Excel e PowerPoint e ver documentos en
formato PDF), aÃnda que ten tamén a potencia suficiente para usos máis lúdicos
(como a reprodución multimedia e o uso de xogos con gráficos 3D).
O ARCHOS 101 XS funciona con Android 4.0.3 (con acceso completo a Google Play e
actualizable a Android 4.1 antes de rematar o ano), un procesador ARM Cortex A9
a 1,5 GHz con procesador gráfico PowerVR SGX544, 1 Gb de RAM, 16 Gb de
almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 128 Gb,
webcam, Wi-Fi, Bluetooth 4.0, GPS, compás dixital e baterÃa recargable que
permite ata 10 horas de navegación web. Cómpre destacar que o Coverboard
incrementarÃa o seu grosor 5 milÃmetros e o seu peso 200 gramos. O
prezo de venda deste interesante dispositivo é de 379,99 euros.
- O Coverboard protexe a pantalla do ARCHOS 101 XS durante o seu transporte e tamén pode facer ás veces de teclado