A versión web do Office de Microsoft permite editar documentos a varios usuarios á vez
xoves, 7 de novembro do 2013
Durante bastante tempo a principal plataforma ofimática que
permite colaborar a varios usuarios en liña é a ofertada por Google, pero
Microsoft quere aproveitar o seu dominio no escritorio para trasladar o éxito á
web, e actualiza as súas aplicacións web ofimáticas para permitir
a edición simultánea de documentos por parte de varios usuarios. Deste
xeito, varios usuarios poderán crear e modificar documentos de Word, Excel ou
PowerPoint á vez, podendo ver os cambios que fan nos documentos outros
usuarios, véndose os cambios realizados polos distintos usuarios segundo se van
realizando.
Office Web Apps leva tempo ofrecéndose como un bo xeito de acceder ás ferramentas
ofimáticas de Microsoft a través da web, o que facilita que poidamos acceder e
modificar un documento aÃnda que esteamos nun ordenador sen o Microsoft Office
instalado e, máis recentemente, para poder facer tal dende smartphones e
tablets.
Esta solución tamén funciona fóra de liña, de xeito que cando o usuario que
está a realizar un cambio recupere a conexión, os cambios efectuados
sincronizaranse para poder ter sempre os documentos á última.