A memoria externa Leef iBridge amplía a memoria dos dispositivos iOS

mércores, 15 de xullo do 2015 Redacción

Semella que hai dispositivos para cada estación. Entre os que cualificados como trebellos especialmente de verán sitúase Leef iBridge, un solución para dispositivos iOS que, en palabras dos seus creadores, “é moi acaido para salvarnos da temida situación de falta de almacenamento”. Polo tanto, semella indicado para ampliar as posibilidades de acubillo de ficheiros dos dispositivos iOS (iPhone, iPad ou iPod). Segundo engaden os desenvolvedores do produto, o 22% dos usuarios destes trebellos afirma non ter espazo de abondo para almacenar fotografías e vídeos. Polo tanto, cousas como inmortalizar e recuperar o noso primeiro baño no mar do verán ou ese festival que tanto nos gustou están, grazas á solución, “máis que aseguradas”, engaden.
A memoria externa é un accesorio plug-in de características compactas e lixeiras que ofrece aos usuarios “ampliar espazo sen necesidade de borrar as súas prezadas fotos, vídeos ou música”. Ademais de visualizar e reproducir os contidos desde o mesmo dispositivo, Leef iBridge tamén permite realizar unha copia de seguridade automática dos contidos dixitais á memoria externa, “polo que non haberá máis preocupacións por perder documentos”, sinalan. Está dispoñíbel en varias capacidades (16GB, 32GB, 64GB, 128GB, e 256GB), inclúe conector USB de alta velocidade e permite a visualización inmediata de música, vídeos e documentos. Os prezos oscilan entre os 59 euros para o modelo de 16GB e os 399 do modelo de 256GB.

PUBLICIDADE