A galega Miriam Pena introduce aos estudantes da UDC nos segredos dos Ads
martes, 19 de decembro do 2017
A
aula 3.2 da Facultade de Informática (Universidade da Coruña)
acollerá este 20 de decembro, ás 17:00 horas, a
conferencia The secret life of Ads, impartida por Miriam Pena,
enxeñeira de Bueu titulada pola Facultade de Informática da
Universidade da Coruña. Segundo informa a UDC, Miriam foi elixida
recentemente pola plataforma Women 2.0
como unha
das doce enxeñeiras máis importantes de Silicon Valley, onde
desenvolve o seu labor profesional a dÃa de hoxe, máis polo miúdo
na compañÃa de software publicitario AdRoll, con sede San
Francisco.
Nesta
compañÃa, segundo puidemos saber, Miriam é enxeñeira do equipo profesional (staff engineer) e encárgase de desenvolver e
aplicar elementos crÃticos da infraestrutura de ofertas en tempo
real. AdRoll, para quen non o saiba, é unha empresa centrada en
servizos encamiñados a manter a fidelidade dos usuarios da Rede con
respecto a unha páxina ou páxinas determinadas.
A
charla é aberta a toda a comunidade de estudantes, aÃnda que está
enfocada principalmente ao alumnado con interese no funcionamento dos
sistemas tecnolóxicos avanzados. Sistemas como o que ela lidera, que
salienta entre outras cousas por ser quen de atender un millón de
peticións por segundo.