A fusión de MásMóvil e Orange podería responder ao nome de MásOrange

luns, 25 de marzo do 2024 Marcus Fernández

Meirand Spenger (MásMóvil) e Ludovic Pech (Orange)

Tras a autorización do Consello de Ministros para a fusión de Orange e MásMóvil quedaba por dilucidar un grande misterio: que nome adoptaría a sociedade formada en partes iguais polo Grupo MásMóvil e Orange España?
Dende elEconomista aseguran que o nome da nova sociedade sería o máis salomónico: MásOrange. Previsiblemente a nova sociedade presentaríase en sociedade tras a Semana Santa, e esta nova marca teríase elixido entre moitas outras opcións como Orange-MásMóvil, MásMóvil-Orange, +O ou mesmo More (aínda que non desbotan empregar esta marca no futuro).
Polo momento confíase en que Orange e MásMóvil manteñan as súas marcas comerciais, algo habitual no Grupo MásMóvil, que ten compañías como Yoigo, Pepephone ou R, que tamén manterían as súas marcas, cando menos inicialmente.

PUBLICIDADE