A debate en Madrid os buscadores de Internet
martes, 6 de marzo do 2007
Grazas ós buscadores de Internet, hoxe en dÃa viaxamos máis barato, atopamos bos (?) traballos, comparamos produtos e servizos sen ter que saÃr á rúa e mollarnos (sobre todo nesta terra), coñecemos amigos ou amores, visitamos páxinas ás que nunca chegarÃamos por nós mesmos, aparte dunha chea de utilidades máis que contribúen a facer que a vida sexa un pouco máis levadeira, ou polo menos para que o tempo que empregamos en buscar unha porta para petar nela (minutos e horas que poderÃamos dedicar a cousas de moito máis interese) sexa o máis breve posible. Precisamente para poñer de relevo todo isto e para saber de primeira man o que se coce no negocio dos motores de busca, xa está en marcha o congreso OJObuscador 2.0.
Os vindeiros xoves 8 e venres 9 de marzo, no Hotel Auditorium de Madrid terá lugar este evento encamiñado a desvelar algún que outro segredo do eido do marketing en liña ou o posicionamento en buscadores, a utilidade dos mesmos, a arquitectura da información, a información retrieval....
O prezo por asistir os dous dÃas é de 250 euros, mentres que por un dÃa o importe ascende a 150 euros, nos que se inclúe o almorzo dos dÃas de asistencia.