A compañía que facilitou a galeguización de Apalabrados estará ante os micrófonos da Radio Galega

venres, 15 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Isaac González falará na Radio Galega da súa achega ao xogo Apalabrados

O programa Banda Ancha da Radio Galega, galardoado cun Premio INNOVA-G, continúa co seu labor de difusión da tecnoloxía en Galicia, polo que este sábado a partires das 15:00 horas realizará un repaso da actualidade da semana, grazas á colaboración de Código Cero, aproveitando a ocasión para conversar con Isaac González, CEO de Cilenis, que detallar a súa achega á galeguización do xogo multi-plataforma Apalabrados e explicará algún caso de aplicación da tecnoloxía lingüística na que está especializada a súa empresa.

O sensor de movemento de Leap Motion probado nas oficinas de Movendo

O programa que esta semana está conducido excepcionalmente por Sevi Martínez, contará coa presenza do humorista Isi, que compartirá coa audiencia a súa relación coa tecnoloxía, e completarase coa presenza de Juan Gestal, do blog PixFans.com e desenvolvedor de aplicacións móbiles en Movendo, que comentará detalles sobre o sistema de control por movementos de Leap Motion, dará algún detalles sobre o seu xogo para dispositivos móbiles Retromines e defenderá as vantaxes de vivir no pasado.

Juan Gestal estreou recentemente o xogo móbil Retromines, inspirado no Buscaminas de Windows

PUBLICIDADE