A ciberseguridade e a programación con Arduino centran dous novos obradoiros de SmartPEME

luns, 15 de abril do 2024 S. P.


A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pequenas e medianas empresas e persoas autónomas, oferta esta semana do 15 ao 19 de abril dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se van celebrar de xeito telemático, abordarán cuestións relacionadas coa ciberseguridade e coa programación a través de Arduino. A primeira das accións formativas da semana terá lugar o luns, 15 de abril, ás 10:30 horas. Trátase de Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na Internet, un obradoiro no que Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, presentará os riscos aos que todas as persoas que empregan Internet están expostos. O xoves 18, de 10:30 a 13:30 horas, terá lugar o taller Programación con Arduino Módulo I – Parte I, tamén impartido por Manuel Freire. Trátase do primeiro obradoiro teórico en liña do itinerario sobre programación con Arduino que, cunha duración de 24 horas de duración, impartirá formación online e presencial.

PUBLICIDADE