A Xunta de Galicia avanza na adopción do dominio .gal para a súa presenza en liña

martes, 1 de marzo do 2016 Marcus Fernández

En maio de 2015 un decreto establecía un novo modelo de presenza na Rede para todos os portais institucionais autonómicos que pasaban a estruturarse baixo dominios .gal, indicando así o compromiso do Goberno autonómico polo dominio da lingua e a cultura galegas, que nestes meses conseguiu converteuse en obxectivo cumprido para un total de 46 portais da Administración autonómica, entre eles xunta.gal.
A Xunta, avanza así no proceso para consolidar o dominio .gal como dominio que identificará todas as súas iniciativas na Internet, para o que iniciaron un proceso de migración dos espazos web existentes ao .gal, co obxectivo de que en 2017 todos os portais corporativos e o todos os enderezos de correo corporativo utilicen unicamente o sufixo .gal.
Lembremos que o dominio .gal presentou a súa primeira páxina co gallo da celebración do Día das Letras Galegas de 2014, para iniciar a súa fase de pioneiros o Día de Galicia do mesmo ano, dando así os pasos necesarios para que en decembro de 2014 puidésemos comezar a rexistrar dominios .gal a través dun procedemento aberto a toda a cidadanía. Nestes pasos a Administración autonómica contribuíu con apoio institucional e financeiro, e agora mantén tal compromiso adoptando o sufixo .gal na súa presenza en liña, para favorecer o posicionamento de Galicia e a lingua galega na Internet.

PUBLICIDADE