A Xbox 360 terá unha edición limitada de Halo: Reach
venres, 23 de xullo do 2010
O vindeiro 14 de
setembro sairá á venda unha edición
limitada da Xbox 360 que busca homenaxear ao xogo Halo: Reach, e que en España só estará dispoñible a través da cadea de
tendas GAME. A consola
contará cun exclusivo deseño de cor prata, 2 mandos sen fÃos e uns auriculares
decorados con motivos do xogo de Bungie, do que tamén se incluirá unha copia,
asà coma un código para descargar unha exclusiva armadura Elite e un episodio
da miniserie animada Halo Legends.
Esta edición limitada corresponden á nova Xbox 360, ou sexa, que conta cun
disco duro de 250 Gb e Wi-Fi N, e será unha boa oportunidade para os
afeccionados á saga Halo que queiran
renovar a súa consola.