A Rede CeMIT comparte as súas estratexias ante as restantes redes estatais de alfabetización dixital
luns, 10 de maio do 2021
A
Rede CeMIT, liderada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica
de Galicia (AMTEGA) e con presenza nunha chea de recantos da nosa
xeografía (97 aulas en 91 concellos), vén de participar, mostrando
os seus fitos e os seus obxectivos, no Encontro Nacional de
Responsables de Redes de Competencias Dixitais, unha xuntanza
organizada en formato online pola Asociación Somos Digital,
comunidade da que a Rede CeMIT forma parte xunto con outras 13 redes
de telecentros.
No
encontro online de dous días os responsábeis de Redes de
Competencias Dixitais presentaron os seus plans de futuro, así como
exemplos de boas prácticas e leccións aprendidas. Nas sesións do
encontro a representación galega puxo en valor o traballo realizado
ao longo destes anos e mostrou as liñas estratéxicas dos seus
proxectos futuros.
En
concreto, a Rede CeMIT participou activamente tanto nas sesións do
día 5 de maio como na do día 6 de maio para presentar os seus plans
e visión estratéxica de cara aos vindeiros próximos dous anos no
eido da inclusión dixital, as vocacións tecnolóxicas e as
competencias dixitais en liña coa Estratexia Galicia Dixital 2030,
así como para compartir co resto de redes presentes, as leccións
aprendidas, especialmente, neste último ano marcado pola
extraordinaria situación trala chegada da COVID-19.
Asemade,
no encontro deuse visibilidade ás boas prácticas e proxectos de
interese postos en marcha co obxectivo de que a experiencia da CeMIT
“sirva de exemplo e inspiración para outras redes”.
Este
acto contou ademais cunha completa axenda nas que destacan as
intervencións como a de Clara Centeno, investigadora do Instituto de
Prospectiva Tecnolóxico do Joint Research Centre (JRC-IPTS) da
Comisión Europea ou Javier Miranda, responsábel da Área de
Formación e Emprego de DigitalES que expuxeron as súas visións
sobre as iniciativas da Comisión Europea no marco das competencias
dixitais así como a situación actual do Sector TIC,
respectivamente.
O
encontro permitiu coñecer os plans e políticas a nivel europeo e
nacional en materia de impulso de competencias dixitais, mostrar
iniciativas nacionais interesantes que sexan de aplicación,
intercambiar experiencias e boas prácticas das propias redes da
Asociación, e poñer en común metodoloxías e recursos para ser
reutilizados entre os diferentes socios.