A Nikon 1 V3 preséntase como unha das cámaras máis rápidas do mercado
xoves, 13 de marzo do 2014
A Nikon
Corporation presentou hoxe a súa nova Nikon 1 V3, unha completa
cámara dixital con obxectivos intercambiables e tamaño compacto que busca
conseguir unha boa calidade de imaxe á vez que pode transportarse con
comodidade. Este tipo de cámaras conseguen uns resultados semellantes ao das
réflex, e incluso gozan poden superalas en moitos aspectos grazas á integración
do último en tecnoloxÃa de imaxe.
A Nikon 1 V3, cun sensor CMOS de 18,4 MpÃxeles e un procesador de imaxe EXPEED
4A, pode seguir a obxectos en movemento grazas a un sistema de enfoque de 105
puntos no modo de enfoque automático con detección de fase, mentres que ao
empregar detección de contraste o número de puntos de enfoque chega ata 171.
Amais, esta cámara presume de ser a máis rápida do mundo en disparo continuo
con enfoque automático, xa que é capaz de disparar ata 20 imaxes por segundo
deste xeito (subindo ata 60 imaxes por segundo cando fixamos o enfoque). Tamén
serÃa a cámara co menor retardo do
mercado en disparar 3 imaxes seguidas, polo que entendemos que resulta ideal
para rexistrar obxectos en movemento.
Estamos ante a primeira cámara da familia Nikon 1 en integrar unha pantalla LCD
de ángulo variable, que permite disparar dende calquera ángulo, á vez que
permite tamén disparar dende a pantalla táctil e inclúe tamén Wi-Fi para
facilitar a transferencia de imaxes de alta calidade.
VÃdeo de presentación da Nikon 1 V3