Os Pendellos de Agolada poderían acoller un encontro de blogueiros

xoves, 3 de abril do 2008 Marcus Fernández

O membro da Asociación Os Pendellos de Agolada, Manuel Busto, está a promover en colaboración con outros blogueiros un encontro de autores de bitácoras de Internet para confraternizar e compartir experiencias na Rede.
Para a promoción do encontro xa hai un blog colaborativo, no que se propón que a xuntanza de blogueiros se celebre nos Pedellos de Agolada, enclave que consideran o berce de Galicia.
A Asociación agolense conta con megafonía, canón de vídeo e todo tipo de material para este tipo de eventos, polo que propoñen un acto con ponencias que podería estar seguido dun xantar e dunha ruta turítica polos diferentes lugares de interese de Agolada e que mesmo podería rematar nun concerto de Fuxan Os Ventos.

PUBLICIDADE