Zegona quere vender a rede de cable de R

martes, 8 de outubro do 2019 Marcus Fernández

O conselleiro delegado de Zegona, Eamonn O’Hare, nunha presentación ante investidores, asegurou que para alixeirar a débeda do grupo empresarial, que ronda os 1.500 millóns de euros, estaría a estudar a posibilidade de vender a rede de cable de Euskaltel e R.
Actualmente Euskaltel ten rede de seu en País Vasco, Galicia e Asturias, coa que chegaría ao 15% dos fogares españois, e vendendo esta infraestrutura podería ter o músculo financeiro preciso para facer fronte ás tarifas que Orange cobraría por ceder a súa rede de fibra óptica en España, ou sexa, para facilitar a expansión xeográfica do grupo.
Dende o comité de empresa de Euskaltel opóñense a esta medida, porque suporía a descapitalización da empresa, pero non podemos ignorar que Zegona está a desenvolver un plan de axuste que resulta moi visible na redución do cadro de directivos e persoal e no traslado das subcontratas galegas de R a Asturias (para aforrar custos).

PUBLICIDADE