Xeración e Logo!: nova proposta de materiais reais e virtuais para fortalecer a transmisión da cultura
martes, 29 de maio do 2007
A SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica vén de pór en marcha unha nova iniciativa encamiñada a loitar contra a perda de información interxeracional en Galiza. É dicir: para que siga a facerse algo que se vén facendo dende séculos: a transmisión da cultura propia de nais e pais a fillos. A proposta, chamada Xeración e Logo!, apóiase en boa medida no emprego dos recursos da Rede, plataforma que para o dito departamento da Xunta non só non estragarÃa a natureza do coñecemento compartido senón que lle darÃa azos para o futuro. Ou sexa: que servirÃa para actualizalo e poñelo en valor.
Basicamente a iniciativa consiste na entrega ás mulleres en estado de xestación dunha serie de material dirixido a enriquecer o diálogo cos seus futuros fillos, incluÃndose consellos, cadernos de embarazo ou cantos de berce de músicos galegos. A previsión é chegar a máis de 15.000 familias. Podemos ver estes recursos na web www.galegoelogo.com.
