Windows 8 iniciará a súa fase de probas en Barcelona

xoves, 9 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro día 29 Microsoft vai aproveitar a súa participación no Mobile World Congress de Barcelona para lanzar o Windows 8 Consumer Preview, unha versión de proba do novo sistema de escritorio de Microsoft que destaca por aproveitar ao máximo as sinerxías que poden xurdir co sistema operativo Windows Phone, o que vese claramente no uso da interface de usuario Metro, pero que tamén terá unha grande importancia para os desenvolvedores de software, que poderán reutillizar código en aplicacións para ambos sistemas operativos.
Esta actualización de Windows podería asentar os alicerces que permita que Microsoft consiga trunfar no mercado dos tablets, aínda que teremos que agardar moitos meses para poder ver as consecuencias deste cambio estratéxico da compañía de Redmond, que sorprendeu por elixir un evento centrado na telefonía móbil para unha estrea deste tipo.

PUBLICIDADE