Vodafone lanza tarifas para demandantes novos de emprego e colectivos vulnerábeis

xoves, 8 de abril do 2021 Sandra Rivadulla

Vodafone lanza tarifas para xente nova que se atope buscando emprego e para colectivos vulnerábeis. Os requisitos para poder acceder a elas son ter menos de 30 anos, estar nunha situación de desemprego ou beneficiarse do Ingreso Mínimo Vital. Doutra banda, Vodafone ofrece acceso a plataformas de formación online por medio de Udemy e Future Jobs Finder.
A empresa, baixo o lema Together We Can, quere botar unha man nestes tempos de crise sanitaria, económica e social, baseándose na universalización das novas tecnoloxías. Desta forma, Vodafone lanza para os menores de 30 anos a tarifa Heavy Yuser, que conta con dúas modalidades. A primeira, Heavy Yuser Fifty – Fifty, inclúe 30 GB acumulables e Gbps e chamadas ilimitadas por 10 euros ao mes. A segunda modalidade, que recibe o nome Heavy Yuser + Internet, ten o mesmo máis chamadas ilimitadas, e router 4G. O prezo é de 25 euros ao mes.
Ambas promocións pódense contratar de forma sinxela na web. Os interesados deberán anexar a documentación precisa e a súa acreditación conforme se atopan nunha situación de desemprego. As tarifas teñen un vigor de 6 meses. Pasado o prazo, os clientes deberán presentar de novo os documentos.
Para as persoas beneficiarias do Ingreso Mínimo Vital, existen tamén varias tarifas. A promoción Conectados, que inclúe 15 GB e chamadas ilimitados por 10 euros ao mes, e a tarifa One Conectados, que contén o mesmo máis o router 4G. O prezo desta última é de 25 euros ao mes.
Neste caso, as promoción teñen vixencia dun ano, prorrogable outro ano a maiores se os clientes acreditan a percepción do IMV. As propostas estarán dispoñibles na web dende o 19 de abril.

PUBLICIDADE