Vigo, Ponteareas, Porriño, Pontevedra e Cambados acollen máis de 30 obradoiros SmartPEME
martes, 4 de xuño do 2019
SmartPEME,
o programa de capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e
autónomos da Deputación de Pontevedra, volve este mes de xuño con
novas actividades dirixidas a facilitar a dixitalización e a
competitividade. Para
a comarca de Vigo, estamos a falar de 20 accións formativas a
desenvolver nas oficinas de SmartPEME en Ponteareas, Vigo e Porriño.
A estas actividades cómpre sumar as
sete previstas para a oficina de Pontevedra (sede Deputación) e
a
media ducia de Cambados, ás que se engadirán en breve as de Lalín, A Estrada
e Barro. En total, 33 obradoiros polo de agora. As inscricións
pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo
electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web
www.smartpeme.depo.es.
Todas
estas citas teñen o nexo común de facilitar “a adaptación das
empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario
dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as
ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa
competitividade”.
No
que atinxe ás actividades da contorna viguesa, a oficina SmartPEME
de Vigo acollerá este os seguintes obradoiros: O teu plan
de márketing dixital paso a paso, este martes ás 19 horas. O
martes 11, ás 18 horas, celebrarase Crea a túa tenda en liña
con Prestashop. O martes da seguinte semana, 18 de xuño, ás 19
horas, impartirase Como presentar a túa idea de forma efectiva en
tan só 5 minutos. A seguinte será Motores de reservas para
empresas turísticas, o xoves 20 ás 17 horas. A quenda de Deseña
e crea as túas imaxes para preimpresión e medios dixitais será
o martes 25 de xuño, ás 18 horas. E, xa por último, o xoves 27, ás
19 horas, Crea a túa presentación comercial en menos de 90
minutos será a acción que impartirá o persoal do programa. A
oficina SmartPEME de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase
na Rúa Oporto, nº 3.
A
oficina do Porriño inicia os cursos tamén esta tarde, ás 17
horas, co curso Motores de reservas para empresas turísticas.
Logo, Vende produtos en liña con campañas de Google Shopping
chegará o xoves desta mesma semana ás 19 horas. O martes 11, ás 18
horas, impartirase Crea unha páxina profesional con WordPress.
A acción Aprende a elixir as palabras clave para a túa
estratexia SEO e SEM terá lugar o xoves 13 ás 19 horas. O
martes 18 de xuño, tamén ás 19 horas, chega Fotografía de
turismo: As liñas no espazo. O xoves desa mesma semana, outra
vez ás 19 horas, impartirase o curso Mellora a túa presenza en
liña promovendo as entradas do teu blog. E, por último, o
martes 25, tamén ás 19 horas, terá lugar na sede do Porriño
Copywriting aplicado a web e redes sociais. A oficina
SmartPEME do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa
Ribeira, s/n.
Por
último, as quendas para o mes de xuño na oficina de Ponteareas
comezan tamén hoxe, ás 19 horas con Copywriting aplicado a web e
redes sociais. A seguinte acción será Todo o que precisas
saber sobre G Suite, o xoves desa mesma semana ás 18 horas. O
curso Fotografía de turismo: As liñas no espazo chegará a
Ponteareas o martes 11 ás 19 horas. O xoves 13 de xuño, ás 17
horas, impartirase Marketing desde cero: conceptos e trucos. O
martes da seguinte semana, 18 de xuño, tamén ás 17 horas, será a
quenda de Como mellorar o posicionamento local da túa empresa
turística. O curso Aprende a usar correctamente Facebook para empresas chegará o xoves 20 ás 19 horas. E, para
rematar, Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing
terá lugar o martes 25, tamén ás 19 horas. A oficina SmartPEME de
Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do
Cruceiro, nº 5.
O
primeiro dos obradoiros de Cambados será O teu plan de
marketing dixital paso a paso, que se desenvolverá hoxe martes a
partir das 19 h. O martes 11 de xuño, á mesma hora, terá lugar
Aprende a elixir as palabras clave para a túa estratexia SEO e
SEM. O seguinte será o xoves desa mesma semana, cando tamén a
partir das 19 horas terá lugar o curso Mellora a túa presenza en
liña promovendo as entradas do teu blog. O cuarto curso será
Obtén o valor dos teus datos con Google Data Studio, que terá
lugar martes 18, ás 18 h. O martes 25, esta vez ás 17 horas,
Cambados acollerá Empresas de actividades turísticas e
plataformas de comercialización en liña. Por último, o xoves
desa mesma semana, ás 18 horas, terá lugar o curso Deseña e
crea as túas imaxes para preimpresión e medios dixitais.
O
programa da sede da Deputación en Pontevedra comeza con
Aprende a elixir as palabras clave para a túa estratexia SEO e
SEM, que se desenvolverá hoxe martes a partir das 19 h. O
seguinte será o xoves, cando a partir das
17 h terá lugar o
obradoiro Como mellorar a reputación online do teu establecemento
turístico. O terceiro curso será Como presentar a túa idea
de forma efectiva en tan só 5 minutos, que terá lugar o xoves
13 de xuño ás 19 h. A seguinte semana, Pontevedra acollerá
Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing, o
martes 18 de xuño tamén ás 19 h. O obradoiro Fotografía para
xoiería, chega o xoves 20, outra vez ás 19 horas. Por último,
o martes 25 de xuño ás 18 h terá lugar o curso Obtén o valor
dos teus datos con Google Data Studio e o xoves 27, ás 19 h,
Google Calendar, moito máis que unha axenda.
Datos
sobre o Proxecto SmartPEME
SmartPEME
é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das
PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e
eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada
novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións
empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O
devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra,
Lalín, Ponteareas, Vigo, A Estrada e Barro, abrangue as seguintes
actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis
de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de
networking trimestrais coa participación de profesionais de
prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas
institucionais, especialización sectorial dos asesores en función
das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en
novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das
necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén,
impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
