Artigos desta sección
Dead Rising 2 confírmase coma un título multiplataforma
En setembro de 2006 os usuarios de Xbox 360 puideron gozar do xogo Dead Rising, que este mes chegará para Wii baixo o lema de Terror en el hipermercado, e dende Capcom parecen bastante seguros de que este xogo de mortos viventes poidan consolidar unha franquía, e xa anuncian que están a traballar en Dead Rising 2, que desta volta chegaría para Xbox 360, (...)
Ler máisOs vídeos de partidas de videoxogos poderían infrinxir o copyright
Un programa da televisión xaponesa, The NetStar, centrado na animación e nos videoxogos, informou das medias draconianas que pretenden impor algunhas compañías de videoxogos no tocante a vídeos con gravacións de partidas a videoxogos, que consideran que son unha infracción do copyright e denuncian que reducen o valor dos xogos degradando a súa experiencia de (...)
Ler máisLeft 4 Dead, tamén en 3D
A visión estereoscópica (3D) achegouse en moitas ocasións aos videoxogos, pero moitos usuarios sorprenderanse ao saber que poden gozar de moitos videoxogos en 3D con só empregar uns clásicos lentes de cores (vermella e azul) para gozar desta experiencia nos ordenadores persoais equipados cunha tarxeta gráfica nVIDIA 8xxx ou superior a través dun controlador (...)
Ler máisA orquestra Videogames Live tocará en España en 2009
A orquestra Videogames Live, popular internacionalmente por interpretar versións de temas musicais de videoxogos cunha espectacular posta en escena, publicaron unha listaxe de países que incluirán dentro da súa xira de 2009, que por fortuna inclúe a España, aínda que sen concretar nin o lugar nin a data na que terá lugar o seu concerto dentro das nosas (...)
Ler máisHalo Wars estrea demo para Xbox 360
Dende hoxe os usuarios da Xbox 360 poden descargar a versión de demostración do xogo Halo Wars que chegará ás tendas o vindeiro día 27, e que é unha imporante aposta de Microsoft Game Studios para o que contou con Ensemble Studios, grupo de desenvolvemento responsable da mítica saga Age of Empires e que con este título ambicioso chega ao seu derradeiro (...)
Ler máisR-Type Dimensions chega á Xbox 360
Posiblemente R-Type foi o mellor xogo de naves de desprazamento horizontal que chegou nunha ás máquinas recreativas, e aínda hoxe goza de moitos seguidores, polo que non sorprende que hoxe se incorporase a Xbox LIVE Arcade o novo xogo R-Type Dimensions, que é a fusión de R-Type e R-Type II nun único xogo con 14 fases infestadas de Bydos que presenta os (...)
Ler máisTime Crisis adáptase ao iPhone
Os usuarios de iPhone e iPod Touch van poder xogar dende o seu dispositivo multimedia a un xogo que tivo unha longa vida en máquinas recreativa e consolas de videoxogos, Time Crisis, que funcionaba apuntando á pantalla cunha pistola de plástico (no caso das recreativas) o que pode emularse golpeando a pantalla do iPhone/iPod Touch cos dedos, de xeito que (...)
Ler máisCancelan a Games Convention de Leipzig
Á Games Convention de Leipzig saíulle unha feira en Colonia, a GamesCom, que logrou captar a atención dos axentes involucrados no sector europeo dos videoxogos como para facer que o certame de Leipzig confirme a súa desaparición, de xeito que non terá edición en 2009, o que podería estar provocado principalmente pola falta de infraestruturas da cidade para (...)
Ler máisNovas imaxes de Batman: Arkham Asylum
Durante varios meses traballouse na creación dun videoxogo de Batman inspirado na película El Caballero Oscuro, pero o seu desenvolvemento foi desastroso, polo que cancelouse o seu proxecto, tras o que se deu a coñecer que había outra compañía (estudos Rocksteady) traballando nun xogo de Batman, pero que non estaría inspirado na súa versión cinematográfica, (...)
Ler máisPrince of Persia contará con contido descargable
A nova entrega de Prince of Persia, pese a ser moi innovador visualmente, non convence a todos os públicos (especialmente por reducir o seu nivel de dificultade con respecto a anteriores xogos da saga), pero os partidarios deste interesante título estarán contentos de coñecer que o vindeiro 26 de febreiro contará con novos contidos descargables, como serán (...)
Ler máis0 | ... | 5770 | 5780 | 5790 | 5800 | 5810 | 5820 | 5830 | 5840 | 5850 | ... | 6640