Un complemento para o Firefox permite traducir textos do español ao galego

luns, 30 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Exemplo de uso do complemento FirefoxFalaGalego

O Firefox 3 non conta só cun engadido para traducilo ao galego, senón que agora tamén sabemos da publicación no repositorio oficial de firefoxfalagalego 0.3, que é un sistema de tradución en liña de textos do castelán ao galego valéndose de Opentrad.
Unha vez instalado o complemento FirefoxFalaGalego o usuario pode seleccionar un texto dunha páxina web e logo premer as teclas ALT + G para ver como aparece unha fiestra emerxente na que en poucos segundos teremos a tradución ao galego do texto (marcándose as palabras que non se poidan traducir axeitadamente).
Os responsables deste complemento están a traballar nunha nova interface que permita elixir o sentido da tradución (español-galego ou galego-español).

PUBLICIDADE