Twitter para Android incorpora soporte de múltiples contas de usuario

mércores, 13 de xullo do 2011 Marcus Fernández

A aplicación de Twitter para Android era claramente inferior á de iOS (baseada na preexistente Tweetie 2) pero pouco a pouco ponse ao día e hoxe actualízase á versión 2.1.0 incorporando 2 grandes novidades: notificacións push e múltiples contas.
Deste xeito, pódese configurar a aplicación para Android para que reciba de xeito automático as mensaxes directas, as mencións e os tuiteos que cheguen a través de Twitter, á vez que facilítase a conmutación entre distintas contas de usuario dende a aplicación, unha funcionalidade que agradecen especialmente os que combinan un uso persoal con outro profesional desta plataforma social. A xestión de múltiples contas tamén pode aplicarse aos widgets de escritorio, pois estes elementos terán definida a conta de usuario da que amosarán os tuiteos ou as mencións.

PUBLICIDADE