Tras 20 meses de traballo Maldita Castilla verá a luz o 12 de decembro
luns, 19 de novembro do 2012- O xogo está claramente inspirado en Ghost’n Goblins
Os nostálxicos de xogos como Ghost’n Goblins, que a finais dos anos 80 trunfaban en salóns
recreativos de todo o mundo, terán o vindeiro 12 de decembro un novo xogo de
cuño español para PC que ten moitas bazas para gañar o seu corazón, Maldita Castilla,
que homenaxea ao xogo de Capcom substituÃndo ao lendario Arthur por Don Ramiro,
personaxe inspirado no Cid Campeador, que terá que percorrer as condenadas
terras de Tolomera para expulsar o mal que invadiu o Reino de Castela.
- En Maldita Castilla haberá que derrotar a 14 xefes finais
Estamos ante un xogo de acción lineal, con 6 niveis, 14 xefes finais, máis de
40 inimigos, 4 finais diferentes e uns 50 minutos de xogo, nos que aparecen
escenarios, personaxes e criaturas baseadas en mitos medievais españois e do
resto de Europa, destacando tamén a inspiración no libro El AmadÃs de Gaula para introducir a historia. A homenaxe a videoxogos
clásicos dos anos 80 é tal que incluso conta con son de máquina recreativa real
(pois emula ao chip Yamaha YM2203 que tiñan moitas das mesmas), sendo tamén moi
recoñecibles as inspiracións en tÃtulos como Tiger Road, Black Tiger, Shinobi, Rygar, Karnov e moitos
outros tÃtulos da época.
Trailer de Maldita Castilla