Total War: Shogun 2 pode descargarse de balde até o 1 de maio

luns, 27 de abril do 2020 Marcus Fernández

Os afeccionados aos xogos de estratexia poden facerse de balde co xogo Total War: Shogun 2 até o vindeiro 1 de maio, como unha promoción que busca facer máis doado superar os momentos de confinamento. Dende Creative Assembly aproveitan o lanzamento desta promoción para instar aos xogadores a permanecer na casa para salvar vidas.
O xogo podemos conseguilo de balde na tenda dixital de Steam, e chega acompañado cun desconto do 75% en todos os contidos descargables para este título (que agrupados poden adquirirse por só 9,18 euros).
Total War: Shogun 2 sitúanos na metade do século XVI no Xapón feudal, cun país dividido en clans guerreiros, no que dez caudillos enfróntanse para convertese no novo shogun. O xogador adopta o rol dun daimyo que deberá liderar o seu clan en batallas 3D en tempo real a través de terra e mar, facendo uso de tácticas de lume e asedio, espías e asasinos para adaptarse ás condicións cambiantes do campo de batalla. Tamén conta cunha campaña principal no modo para 2 xogadores e permite unirse a épicas batallas en liña para un máximo de 8 xogadores.

Total War: Shogun 2 é un grande xogo de estratexia que tempos de balde por tempo limitado

PUBLICIDADE