Tomb Raider: Underworld terá capÃtulos exclusivos para Xbox 360
luns, 6 de outubro do 2008
AÃnda que o xogo Tomb
Raider: Underworld, que promete devolver a gloria á saga
protagonizada por Lara Croft, non chegue ás tendas ata o 21 de novembro, iso
non impide que Eidos xa anuncie que os
usuarios de consolas Xbox 360 poderán contar con capÃtulos exclusivos
do xogo que se poderán adquirir a través do Bazar de Xbox LIVE (onde tamén se
poderá descargar unha demostración do novo xogo ao longo deste mes).
Os novos capÃtulos serán Beneath the
Ashes (que será unha continuación directa da historia do xogo a xeito de
secuela) e Lara’s Shadow (que
presentará a un novo tipo de personaxe xogable e creará unha experiencia única
en Tomb Raider) e sairán no Nadal e a primeiros de 2009 respectivamente.
Tomb Raider: Underworld tamén se
venderá para as consolas PS3, PS2, Nintendo DS e Wii, asà como para PC.