Titanfall 2 chegará en outubro a Xbox One, PC e PS4
luns, 13 de xuño do 2016
Un dos grandes reclamos de Microsoft para achegar usuarios
ás súas consolas era o xogo Titanfall,
exclusivo para Xbox 360, Xbox One e PC, deixando aos compradores dunha
PlayStation 4 sen a oportunidade de gozar dun dos xogos en liña de máis éxito,
prometendo os seus desenvolvedores que tal exclusividade rematarÃa coas
secuelas, de aà que haxa tanto entusiasmo co anuncio durante o E3 do lanzamento
de Titanfall 2 o vindeiro 28 de
outubro, cando contará con versións para Xbox
One, PC
(Origin) e, como non, PlayStation
4, de xeito que este xogos de acción en primeira persoa estará dispoñible
para unha base de xogadores moi ampla, levando ao xogo de Respawn Entertainment
un paso máis adiante.
O primeiro Titanfall foi toda unha
revelación, reinventando o xénero dos FPS cun revolucionario uso dos mechas (coñecidos como Titáns) e elementos propios do parkour, creando unha acción frenética e
moi espectacular, pero que desta volta evoluciona en base do feedback recibido, de xeito que Ttianfall contará cun modo para un xogador,
que poderá xogarse fóra de liña, e que permitirá introducirse no xogo e nas
súas mecánicas, explorando a ligazón única entre home e máquina; aÃnda que a
meirande parte dos xogadores estarán máis interesados no seu modo
multi-xogador, o punto forte do xogo, que ofrecerá unha experiencia máis robusta,
con 6 novos tipos de Titáns, habilidades de piloto máis profundas, máis opcións
de personalizacións e un sistema de progresión máis sólido. Un xogo
definitivamente mellor que en breve contará cunha versión de proba para que os
máis impacientes poidan botarlle un ollo antes do lanzamento á vez que axudan a
completar o seu desenvolvemento e a configuración dos seus servidores de xogo.
Tráiler do novo modo campaña de Titanfall 2
Tráiler do modo multi-xogador de Titanfall 2