Artigos desta sección
As subscricións 3G en Europa chegan aos 100 millóns
Segundo vén de anunciar a firma de investigación de mercado Informa Telecoms and Media, as operadoras europeas de telefonía móbil “veñen de superar a barreira dos 100 millóns de subscritores nas súas redes de terceira xeración (3G)”, unha cifra récord para este mercado que, a finais de maio, tiña un total de 910,8 millóns de subscritores móbiles. En concreto, a (...)
Ler máisCambia o cómputo do consumo mínimo de Movistar
Parte do Manual de prezos no que se detalla o polémico cambio no cómputo do consumo mínimo Foros e blogs sobre telefonía móbil están a advertir nas últimas horas de que Movistar cambio o xeito de computar o consumo mínimo mensual dos contratos particulares, que contará só as chamadas de voz nacionais, de xeito que os SMS, os MMS e as videochamadas non contarían (...)
Ler máisNovas tarifas roaming para os clientes de Movistar
Telefónica vén de anunciar as súas novas tarifas diarias de roaming que ofrecen prezos reducidos en Europa (por menos de un euro ó día) tanto para os clientes habituais como para as novas altas. Dende o pasado 18 de xuño e ata o vindeiro 17 de setembro, os usuarios desta operadora que viaxen por Europa poderán gozar de chamadas entrantes a 0 euros/minuto e (...)
Ler máisYoigo estrea unha tarifa de Internet móbil sen compromiso de permanencia
A operadora Yoigo estrea unha tarifa de datos para o ordenador para conectarse á Internet a través de UMTS que por 25 euros/mes permite descargas a unha velocidade de ata 384 Kbps cun límite mensual de 1 Gb, tralo que a velocidade se reduce a 128 Kbps (e se factura a 1,5 céntimos/Mb cuto tope mensual de 70 euros para protexer ao consumidor de gastos (...)
Ler máisMicrosoft mellora o servizo de comunicación integral de Telefónica
Telefónica e Microsoft veñen de asinar en Madrid un acordo de colaboración que definen como “estratéxico para o mercado español” grazas ó cal a operadora internacional incorporará as solucións ofimáticas e Comunicacións Unificadas de Microsoft ó seu servizo Corporate IP. Con esta iniciativa, as dúas grandes da comunicación pretenden “xerar contornos de alto (...)
Ler máisA Comisión Europea deixa marxe para o cobro por chamada recibida no móbil
Nun mundo onde os usuarios de telefonía móbil tivesen que pagar por chamadas recibidas, habería alguén de entre todos eles que collese unha chamada dun número que non figurase na súa axenda? Con independencia de que unha boa cantidade de seareiros da mobilidade estean tan achegados xa ao seu aparello (o teléfono) que sofren febres espasmódicas cando o esquecen (...)
Ler máisEstréanse 3 novas OMV
As Operadoras Móbiles Virtuais (OMV) parecen querer posicionarse de cara ao período estival, e nos últimos días soubemos da publicación das tarifas de 3 novas operadoras: XL Móvil, Cable Móvil e MundiMóvil. MundiMóvil sería unha operadora orientada a estranxeiros, que funciona grazas á colaboración de KPN, e conta cunha tarifa única de 12 céntimos/minuto a (...)
Ler máisCNET publica unha listaxe de emisións de terminais de telefonía móbil
Os usuarios preocupados polas emisións electromagnéticas dos seus móbiles poden consultar unha relación de medicións de radiación feitas na meirande parte dos móbiles comercializados nos EE.UU., demostrando que ningún dos terminais supera a taxa específica de absorción (SAR) máxima imposta polas autoridades europeas e americanas (en EE.UU. o máximo é de 1,6 w/Kg. (...)
Ler máisO uso de móbiles para acceder ás redes sociais dispárase en España
En España a Rede non acaba de atopar total afianzamento (en boa medida por motivos estruturais, polo seu excesivo custo con respecto ao resto de Europa e tamén polo propio xeito de vida dos seus habitantes) pero non ocorre o mesmo cos móbiles. A xulgar polos diversos estudos publicados ao respecto, non só se mercan moitos móbiles senón que, os que se mercan, (...)
Ler máisJazztel entra na telefónica móbil regalando 100 Mbytes de descarga/mes en mobilidade aos seus clientes de ADSL
Jazztel entra finalmente no mercado móbil virtual xogando coa combinación de servizos, de xeito que na mesma factura se pode incluír o ADSL e a telefonía móbil. Para promocionar esta novidade incluso iniciaron unha forte campaña publicitaria na que sorprenden dicindo que os usuarios que teñan ADSL de 20 Mbps poderán gozar de Internet en mobilidade de balde (...)
Ler máis0 | ... | 490 | 500 | 510 | 520 | 530 | 540 | 550 | 560 | 570 | ... | 710
