Artigos desta sección
Vodafone tamén comercializará o iPhone no Reino Unido
O anuncio de que O2 perde a exclusividade da distribución do iPhone 3GS no Reino Unido grazas a un acordo de Apple con Orange non queda só, e agora é Vodafone a operadora que confirma que tamén vai comercializar o móbil de Apple nas illas británicas, aínda que neste último caso non será ata primeiros de 2010 cando a operadora británica comece a vender os móbiles (...)
Ler máisR lanza unha tarifa mini de telefonía móbil
O operador galego de cable R quere potenciar o seu negocio de telefonía móbil estreando a tarifa mini, que anúnciase como «a tarifa móbil máis barata de toda España», cobrando 6 céntimos/minuto nas chamadas de voz e 9 céntimos por cada mensaxe de texto.
Ler máisVodafone, o operador de banda larga mellor valorado en España
Malia que situar nun sector tan convulso como o das telecomunicacións a empresa mellor vista soe ser como valorar un político (non se identifica o mellor, senón o menos malo, que é moi diferente), o certo é que non podemos deixar de lado a comparativa que veñen de actualizar en ADSLZone onde se reflicte polo miúdo cales son as empresas que mellor saen paradas (...)
Ler máisYoigo quita o cartel de <EM>en venta</EM> e colle folgos
Yoigo semella ter máis futuro do que nun principio se pensaba. Segundo se conta na Rede, a (relativamente) nova operadora española vén de quitar de maneira definitiva (polo menos a curto e medio prazo) o cartel de “se vende”, apostando agora por coller folgos e, coloquialmente falando, tirar pra adiante. Así o fixo saber TeliaSonera, a compañía nórdica da que (...)
Ler máisSamsung anuncia o seu modem 4G para móbiles
Samsung anunciou hoxe que rematou o desenvolvemento o primeiro modem LTE (para comunicacións móbiles 4G) que cumpre cos estándares aprobados o pasado mes de marzo (actualizando os estándares previos publicados en decembro de 2008) e que permitirá descargas de ata 100 Mbps e subidas a 50 Mbps na banda dos 20 MHz, asegurando o futuro da banda larga móbil, que (...)
Ler máisAs portabilidades telefónicas deberán completarse en menos de 2 días
A Carta de Dereitos do Usuario dos Servizos de Comunicacións Electrónicas aprobado a través do Real Decreto 899/2009 de 22 de maio entrou en vigor o pasado domingo, de xeito que a partir de agora os procesos de portabilidade de números de telefonía móbil non poderá prolongarse máis de 2 días, o que debería dinamizar a competencia no (...)
Ler máisIncidencia no servizo de Movistar na provincia de A Coruña
Un fallo nas redes de Telefónica fixo que centos de clientes de Movistar non puideran utilizar os seus teléfonos móbiles durante parte da mañá de onte na provincia de A Coruña, de xeito que non podían establecer chamadas non só con outros clientes de Movistar, senón tamén con teléfonos fixos a números doutras operadoras de telecomunicacións. Dende La Voz de (...)
Ler máisFACUA advirte das tarifas abusivas do roaming de datos
A asociación FACUA-Consumidores en Acción realizou un estudo sobre as tarifas de acceso á Internet que aplican as operadoras de telefonía móbil cando os seus usuarios viaxan a outros países, o que lévalle a advertir aos consumidores sobre a desproporción das cantidades que cobran de xeito xeral as distintas compañías, que fai que os turistas poidan levar máis (...)
Ler máisTelefónica pon en funcionamento un servizo de intérprete para as empresas
Telefónica vén de habilitar un servizo de interpretación encamiñado a favorecer as comunicacións entre as empresas e os profesionais que desenvolven o seu labor en diferentes recantos do mundo e que, malia a distancia (ou precisamente por ela), necesitan estar en permanente diálogo. A achega, que se basea nun mediador que emprega como lingua nativa a do (...)
Ler máisVodafone reduce as súas tarifas prepago de banda larga móbil
Os usuarios de telefonía móbil de prepago de Vodafone tamén poden aproveitar as posibilidades do 3G para acceder á Rede banda larga móbil grazas a bonos prepago que veñen de cambiar as súas tarifas, de xeito que é posible pagar por volume de tráfico ou por tempo. Neste último caso cóntase cun límite de tráfico de 1 Gb a partir do que a velocidade baixa a 128 Kbps, (...)
Ler máis0 | ... | 360 | 370 | 380 | 390 | 400 | 410 | 420 | 430 | 440 | ... | 710
