Tecnópole e Atresmedia poñen en marcha a plataforma de aprendizaxe online STEAMbites

mércores, 30 de xuño do 2021 Sandra Rivadulla

O Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) e Atresmedia poñen en marcha a plataforma de aprendizaxe en liña STEAMbites, que estará especializada en ciencia e tecnoloxía.
A iniciativa, enfocada principalmente a nenos e adolescentes, propón varios campamentos científicos e tecnolóxicos de verán. O primero, que recibe o nome de Mundos robóticos, ten programadas tres quendas, do 28 de xuño ao 2 de xullo, do 12 ao 16 de xullo e do 26 ao 30 de xullo; en horario de 10:00 a 13:30 horas. Doutra banda, o campamento Somos científicos terá lugar do 5 ao 9 de xullo e do 19 ao 23 de xullo, no mesmo horario.
Segundo o procedemento, os participantes recibirán nos seus domicilios os kits necesarios para poder levar cabo os proxectos propostos en cada campamento. Ademais, unha vez completado o curso, cada alumno recibirá un diploma certificativo emitido por Atresmedia Formación e o Parque Tecnolóxico de Galicia.

PUBLICIDADE