Talentos Inclusivos do CITIC, Premio Nacional de EnxeñarÃa en Informática
venres, 3 de marzo do 2023
O
proxecto Talentos
Inclusivos do Centro de Investigación TIC da Universidade da
Coruña (CITIC) vén de ser
premiado polo Consejo General de Colegios Profesionales de IngenierÃa
en Informática de España co Premio
Nacional de IngenierÃa en Informática na sección Humanismo e
compromiso social.
Xunto
con este proxecto entregaranse outras oito distincións o vindeiro 16
de marzo, nun acto na sede da Real Academia de IngenierÃa, en
Madrid.
O
proxecto Talentos Inclusivos, desenvolvido polo CITIC e outras
entidades, está destinado a fomentar as vocacións TIC entre a xente
nova ao tempo que dá visibilidade aos problemas das persoas con
diversidades funcionais e motrices e contribúe a facilitar o seu dÃa
a dÃa mediante solucións tecnolóxicas innovadoras.
O
obxectivo é dobre: por unha banda fomentar as vocacións TIC entre
alumnado de Secundaria e Bacharelato e, polo outro, ofrecer apoio aos
devanditos colectivos en risco de exclusión. Para isto, creáronse
grupos de traballo colaborativos. Entre os proxectos xurdidos ao
longo do curso académico, destacan un robot e un dron controlados
coa man ou a cabeza, un sistema anticolisión para cadeiras de rodas,
xoguetes infantÃs adaptados e produtos de apoio con impresión 3D.
Trátase
dun proxecto colaborativo, posto en marcha polo CITIC xunto con
ASPACE Coruña, co apoio do Consello Social da UDC e a Fundación
Española para a Ciencia e a TecnoloxÃa e a ConsellerÃa de Cultura,
Educación e Universidade da Xunta de Galicia.