TETRIS 99 pode mercarse para xogar fóra de liña

venres, 10 de maio do 2019 Marcus Fernández

No Nintendo Direct de febreiro sorprenderon anunciando o xogo TETRIS 99, un free-to-play do clásico Tetris para 99 xogadores en liña, que poden gozar os subscritores de Nintendo Switch Online, e que é un dos battle royale máis orixinais que podemos atopar no mercado, pero que agora ábrese ao público xeral a través do Big Block DLC, un contido descargable de pagamento, que por 9,99 euros permite que o xogo funcione fóra de liña contra 98 adversarios controlados pola consola (contando tamén cun modo de xogo Maratón).
A posibilidade de gozar de TETRIS 99 sen conexión resulta de grande utilidade tanto para os que non queren pagar a subscrición a Nintendo Switch Online como para os que non sempre teñen unha conexión á Rede dispoñible e aínda así queren gozar deste curioso e divertido xogo.

Vídeo promocional do Big Block DLC para TETRIS 99

PUBLICIDADE