Superfrog celebra o seu 20º aniversario relanzándose en HD
mércores, 13 de febreiro do 2013
- Imaxe da versión para PC de Superfrog
Hai pouco máis dun ano Team 17 chegou a un acordo con GOG
(Good Old Games) para publicar os seus xogos clásicos, permitindo que os
usuarios de ordenadores con Windows poidan mercar o arcade de plataformas Superfrog, para o que partiron da
versión para MS-DOS do xogo que tamén chegara para Commodore Amiga 500. Nesta
caso estabamos ante unha fiel reedición do xogo, pero agora que o xogo cumpre
20 anos anuncian
que imos poder gozalo en PlayStation 3 e PS Vita nunha revisión chamada Superfrog HD que contará con
gráficos totalmente renovados, estando involucrado o seu estudo orixinal neste
relanzamento.
Cómpre destacar que o xogo orixinal, aÃnda que hoxe o vemos como un tÃtulo moi
básico e sinxelo, no seu momento era do mellor que habÃa no mercado, non só en
xogabilidade, senón tamén en gráficos e son, aÃnda que do seu relanzamento o
único que pode esixirse é que manteñan a súa mecánica de xogo aditiva que
valeulle a súa sona.
- Superfrog HD contará con gráficos renovados