Sony considera que a PS4 vendeu 117 millóns de unidades na súa vida
xoves, 11 de agosto do 2022
O último
informe financeiro de Sony, no apartado relativo aos videoxogos, sorprendeu
o rexistrar o número de unidades vendidas de PlayStation 5 deixando totalmente
de lado a PlayStation 4 a nivel de hardware, ou sexa, que aÃnda que as vendas
de xogos de PS4 continúan a ser moi boa, as consolas de vella xeración terÃan
caÃdo tanto en vendas que xa poderÃan deixar de medirse, polo que podemos tomar como oficial o dato de
máis de 117 millóns de consolas PS4 vendidas até o 31 de marzo de 2022, de
xeito que esta consola quedarÃa como a segunda de sobremesa máis vendida da
compañÃa, moi por detrás dos máis de 155 millóns de PS2 rexistradas até 2012.
Até o 31 de marzo de 2022 estiman que venderon máis de 19,3 millóns de unidades
de PS5, polo que podemos entender que as consolas de nova xeración van ter
serios problemas para chegar ao nivel de xeracións anteriores, non por falta de
interese, senón por falta de unidades nas tendas.
Sobre a PS4 cómpre salientar que a nivel estatÃstico vai quedar nunha situación
lixeiramente peor do que poderÃa pensarse, xa que prevese que en poucos meses a
supere en vendas a Nintendo Switch, que incluso superará á Game Boy en vendas, aÃnda
que resultaralle complicado chegar aos volumes de vendas da Nintendo DS (154
millóns) ou da PS2.