Artigos desta sección
A USC instalaralle Galinux a tódolos alumnos que asistan á Install Party 2009</em
A Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela (AULUSC), vén de anunciar a celebración, o vindeiro xoves 5 e venres 6 de marzo, da Install Party 2009, unha actividade que ten como obxectivo axudarlle aos participantes a instalar un sistema operativo GNU/Linux no seu equipo, ben sexa portátil ou de sobremesa. Nesta edición da (...)
Ler máisEducación aposta polo software libre para a súa plataforma de correo electrónico
A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria vén de facer pública a intención de migrar a súa plataforma de correo electrónico corporativo a unha arquitectura baseada en software libre, para o que publicou o anuncio de licitación por procedemento aberto e tramitación ordinaria para a contratación do servizo no DOG do pasado 23 de febreiro, onde se (...)
Ler máisAgestic organiza en Santiago un Seminario de sensibilización en Calidade do Software
O vindeiro 17 de marzo, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago de Compostela, acollerá un Seminario de sensibilización en Calidade do Software, que organiza Agestic en colaboración co devandito Centro e coa Consellaría de Traballo da Xunta de Galicia. O acto conta co apoio de INTECO e tén como principal obxectivo analizar o impacto que a (...)
Ler máisA CiberIrmandade da Fala anuncia a saída do ispCP Omega en galego
A CiberIrmandade da Fala, que naceu hai máis de 12 anos co compromiso firme de afianzar a nosa língua na Rede, continúa paseniñamente co seu labor, sen presas pero tamén sen pausas, apostando pola presenza do galego no software “que todos empregamos de xeito cotián”. Deste xeito, despois de lanzar, entre outras aplicacións, a versión definitiva do phpBB3 en (...)
Ler máisMancomún anuncia a primeira actualización de Galinux
Dende Mancomún veñen de actualizar a distribución de Linux en galego, Galinux, para incorporar melloras como a detección de máis dispositivos de hardware, así como versións máis actuais de aplicacións coma o Firefox ou OpenOffice.org. A acollida do Galinux está a ser moi boa, distribuíndose no seu primeiro trimestre de vida máis de 15.000 CD e rexistrándose máis (...)
Ler máisCENATIC aproveita o Movemento Avanza para dar a coñecer as vantaxes do software libre
Movemento Avanza, a exposición tecnolóxica itinerante que organiza o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para fomentar a implantación e o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) por todo o país, vén de contar coa colaboración de CENATIC para difundir as oportunidades que xera o uso do software de código aberto á cidadanía, aproveitando (...)
Ler máisQimo, o Linux para os cativos
Se os galegos contamos unha distribución de Ubuntu adaptada á nosa lingua (Galinux), os cativos finalmente tamén teñen unha versión de Linux adaptada ás súas necesidades, desenvolvida por Brian e Michelle Hall baixo o nome de Qimo. Esta distribución baseada en Ubuntu pretende aproveitar o feito de que os nenos son unha tabula rasa de coñecemento, e non teñen (...)
Ler máisA comunidade galega de software libre amosa o seu rexeitamento ao premio concedido a Microsoft
A comunidade galega de usuarios e deseñadores de software libre, que xunto coa Consellería de Innovación está a traballar arreo dende hai anos para crear unha oferta sólida de ferramentas abertas na nosa lingua, vén de recoñecer a súa perplexidade por un recoñecemento, o da Secretaría Xeral de Política Lingüística a Microsoft, que ao seu xuízo supón un desprezo (...)
Ler máisMancomún completa a tradución da suite Mozilla ao galego
O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza vén de anunciar que as súas tarefas de tradución dos aplicativos máis populares da suite Mozilla ao galego, “foron completadas con éxito”. Deste xeito, segundo anuncian na súa web, ao popular navegador Firefox, vén de engadírselle agora un “versátil xestor de correo electrónico (o Thunderbird), o que (...)
Ler máisA USC celebra estes días unhas xornadas de software libre en Santiago
A Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago está a acoller, dende onte mércores e ata o vindeiro venres 20 de febreiro, unhas xornadas técnicas destinadas a profesionais das universidades españolas interesados en profundar nas particularidades de OpenCms e Sakai, dúas plataformas de software libre cuxo uso se está a estender constantemente, sobre todo no (...)
Ler máis0 | ... | 620 | 630 | 640 | 650 | 660 | 670 | 680 | 690 | 700 | ... | 860
