SoftBank recurta a distancia entre valados publicitarios e móbiles para promover filmes
xoves, 4 de setembro do 2008
No eido da tecnoloxÃa, non todos estamos dispostos a tirarlle o mesmo rendemento ás diferentes solucións que se nos poñen diante. Asemade, tamén pode ser preciso que nos fagamos a seguinte pregunta: ata onde permitirÃan os distintos trebellos innovadores proclives que chegáramos ao fondo dos seus segredos? Para páxinas web como Pixel e Dixel, entre os múltiples contornos aos que non se lles tira proveito está sen dúbida o dos valados publicitarios, eses paneis que acompañan moitos dos nosos paseos pola cidade e cos que raramente temos máis relación cá de ollalos e dedicarnos a outra cousa. Pois ben, en Xapón o diálogo cos valados segue a gañar en complexidade. Do que se trata agora é de usar tecnoloxÃa sen fÃos NFC (Near Field Communication) para permitir o intercambio de información entre dispositivos. Ou sexa, entre o panel que teñamos diante dos fociños e o noso móbil.
Por aà precisamente é por onde se veñen de meter o operador de telefonÃa SoftBank, NTT Data, Hitachi e Gemalto (fabricante de chips) e co obxectivo de promover produtos de xeito interactivo a través dunha canle, a dos valados, que aos seus ollos é o máis semellante que existe na tecnoloxÃa unha leira en barbeito.
Para ir poñéndose as pillas, ao longo do mes de outubro dedicaranse entre outras cousas a presentar os filmes Wall-e e máis Campanilla. O funcionamento das campañas é o seguinte: os usuarios que dispoñan dun móbil compatible con estes sistemas poderán ter nos seus trebellos contidos de todo tipo e só co requisito de achegalos aos ditos paneis publicitarios.
Asemade, as firmas responsables da iniciativa achegaranlles aos usuarios un código para visualizar nos seus fogares os tráilers en alta definición. O requisito desta volta: ter un televisor Hitachi. A experiencia, amais de ser un axeitado vehÃculo de promoción para as ditas empresas e os seus produtos, servirá para estudar polo miúdo as posibilidades da tecnoloxÃa NFC en contraposición aos sistemas previos, os QR, baseados en códigos bidimensionais e, en boa medida, máis incómodos para os usuarios, posto que requiren ser retratados con cámara dixital se estes queren acceder aos servizos dispoñibles.
