Skylanders terá xogo de cartas coleccionables en 2016
mércores, 19 de agosto do 2015
Activision conseguiu revolucionar o mercado co lanzamento de
Skylanders, un videoxogo que fai que
xoguetes cobren vida na consola de videoxogos, combinando dun xeito xenial
ambos mundos e creando un negocio moi lucrativo provocando que xurdiran outros
produtos na mesma liña como Disney
Infinity ou os Amiibo de Nintendo. Pero esta franquÃa non quere limitarse a
un xogo de coleccionar figuras, e prepara unha variante que poderÃa ter grande
éxito, Skylanders
Battlecast, que será un tÃtulo free-to-play
para dispositivos móbiles no que en vez de introducir figuras no xogo,
introduce cartas coleccionables.
O xogo ofrecerá dende a posibilidade de coleccionar cartas a combates
estratéxicos, enfrontamentos en liña entre xogadores e unha emocionante campaña
para un xogador, detalles cos que esperan gañar tanto a seareiros de Skylanders como a afeccionados ás cartas
de batalla clásicas.
Con Skylanders Battlecast os
xogadores poderán adquirir lotes de cartas fÃsicas en tendas, amais de lotes de
cartas dixitais no xogo. Os usuarios poderán ver asà como os seus naipes cobra
vida no seu dispositivo móbil, podéndose escanear as cartas de dous personaxes
xuntos para crear batallas animadas nas que interactuar fisicamente. O xogo
estará dispoñible para iOS e Android en 2016.
Tráiler de Skylanders Battlecast