Shutdown Day: unha xornada (a deste sábado) fóra de liña para reflexionar sobre a nosa dependencia ó computador
venres, 23 de marzo do 2007
De cando en vez, remexémonos contra a tecnoloxÃa ou, polo menos, contra esa voceciña que moitos levamos dentro e que nos obriga a ficar en contacto case permanente con outros seres humanos que nos escriben ou nos falan a través da Rede ou dos móbiles. Normalmente, cando nos remexemos é porque vemos que algo non vai ben. Ou sexa, que nos decatamos de que perdemos o control para entrar xa no terreo do obsesivo. Un sÃntoma diso é ficar –por exemplo- oito horas pendurados do messenger, ou comprobar cada media hora se chegou un e-mail. A listaxe de sÃntomas é longa, e preocupa xa a internautas de todo o mundo. Como por exemplo a Denis Brystov e Michael Taylor, dous canadenses usuarios da Rede que queren que o mundo reflexione un pouco máis sobre este novo tipo de adiccións. Con este fin, convocan á comunidade mundial a participar este sábado no Shutdown Day, unha especie de xornada de auto-castigo por ternos convertido en dependentes de máis dos datos que veñen pola Internet. Ou sexa: unha xornada fóra de liña.
A iniciativa tamén ten outra lectura: comprobar de xeito directo cantas persoas son quen de sobrevivir 24 horas sen un computador. En función, diso, é de supoñer que os responsables da proposta emitan en breve un veredicto da situación. A iniciativa é filla do seu tempo: da Web 2.0, das mobilizacións sociais feitas a través das TIC; e é ben curioso que mesmo as actitudes crÃticas coa Sociedade da Información teñan a súa base e a súa canle de transmisión na propia Sociedade do Coñecemento. O Shutdown Day ten certas semellanzas co DÃa sen Móbil e co DÃa do Apagón Mundial ou mesmo con eses concursos que se organizan de cando en vez que consisten en botar portátiles ou móbiles polo aire, en claro exercicio de liberación espiritual do usuario. De tódolos xeitos, o alicerce desta proposta non é loitar contra a desigualdade no mundo, nin a prol da baixa dos prezos dos accesos nin para evitar o quecemento da Terra. Non: a idea é simplemente mover á reflexión. Na páxina web habilitada por Brystov e Taylor hai unha chea de datos sobre os obxectivos, as finalidades e os xeitos de colaborar, e mesmo hai un vÃdeo en YouTube con usuarios de computadoras portátiles lanzándoas polo ar coma quen xoga á chave no parque. Polo de agora (ó mediodÃa do venres 23) xa hai 53.588 apuntados. Certamente, non son moitos. Será que de verdade estamos enganchados á Internet?
