Sae oficialmente o Skype 3.0 para Windows Mobile

martes, 30 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Despois dunha longa fase de probas, a versión 3.0 de Skype para Windows Mobile 5.0 ou superior faise oficial, de xeito que xa é posible instalar de xeito seguro a aplicación de VoIP para móbiles que tamén permite o envío de mensaxes de texto (SMS) e a transferencia de ficheiros.
Skype 3.0 para Windows Mobile funciona en redes de telefonía 2G e 3G, así como a través de conexións Wi-Fi (que son as que habitualmente darán maior calidade nas comunicacións) e a súa utilidade non estaría só na posibilidade de establecer comunicacións de voz (prohibidas por moitas operadoras a través das súas comunicacións 3G) senón tamén por permitir chatear con outros usuarios das aplicación (tanto no móbil coma dende un ordenador).

PUBLICIDADE