Resident Evil 6 adianta o seu lanzamento ao 2 de outubro
martes, 10 de abril do 2012
Hai uns meses Capcom sorprendeu anunciando que estaba a
preparar o lanzamento do xogo Resident
Evil 6 para o 20 de novembro, e agora presenta un novo trailer que pecha
mudando a data de lanzamento deste prometedor tÃtulo, adiantándoo ao 2 de
outubro, o que agradecerán os posuidores dunha Xbox 360 ou unha PlayStation 3
(a versión de PC sairá máis adiante).
O novo trailer non só informa sobre o cambio de data de lanzamento do xogo,
senón que tamén amosa numerosos detalles sobre a historia do mesmo, como o
feito de que, aparte dos coñecidos Christ Redfield e Leon S. Kennedy, veremos a
Sherry Birkin (muller
que se estreara na saga cando era unha nena durante o incidente de Raccoon
City) e incluso o fillo de Albert Wesker, Jake Muller. Tamén desvélase que a
nova ameaza biolóxica estará baseada no novo Virus C e, desta volta, incluso os
infectados poderán empregar armas de
foto, o que promete unha acción máis trepidante que outras entregas.
Resident Evil 6 permitirá
controlar a 3 personaxes distintos (Leon S. Kennedy, Chris Redfield e Jake
Muller) que contarán con cadansúa historia, que entrelazaranse, aÃnda que o
xogador poderá gozalas en calquera orde.
Novo trailer de Resident Evil 6
Resident Evil Chronicles HD Collection
Pero Resident Evil 6 non é o único tÃtulo da saga que está en preparación, senón que dende Capcom tamén están a preparar Resident Evil Chronicle HD Collection, xogo que pretende celebrar o 15º aniversario do primeiro Resident Evil ofrecendo para PlayStation 3 un remake en alta definición dos 2 xogos para Wii da saga (Unbrella Chronicles e Darkside Chronicles), que desta volta poderán gozarse facendo uso dos mandos de PlayStation Move, o que resulta ideal para estes xogos sobre raÃs, que permitirá que os usuarios de consolas de Sony poidan completar a historia da saga con estas historias secundarias.
- Resident Evil Chronicles HD Collection permitirá gozar en HD na PS3 dos xogos de Resident Evil para Wii
- Jake Muller, fillo de Albert Wesker, será un dos protagonistas de Resident Evil 6