Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

R estrea unha rede sen fíos para que os seus clientes poidan acceder á Rede fóra do seu fogar

xoves 26 de xaneiro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 33.2 KB
Pantalla de validación que aparecerá ao conectarse á nova rede sen fíos de R

Os clientes do operador galego de cable, R, que coma mínimo teñan contratado un acceso de banda larga coa compañía, poden comezar a gozar dunha interesante vantaxe cando estean fóra do seu fogar e precisen conectarse á Internet, pois contarán cunha rede Wi-Fi co identificador wifi_clientes_r para acceder á Rede sen custo engadido, o que os dotará de conectividade e tamén reducirá o seu consumo de banda larga móbil.
Ata o momento esta rede sen fíos conta cuns 300 puntos de acceso en toda Galicia, alí onde R conta con infraestrutura de seu, con localizacións que poden consultarse na páxina web da compañía e que aspira a converterse na rede Wi-Fi máis grande de Galicia.
Para poder acceder á Rede dende calquera destes puntos de acceso públicos será preciso establecer unha conexión Wi-Fi coas mesmas para visitar logo algunha páxina web, momento no que aparecerá unha pantalla de validación na que haberá que introducir os datos como cliente de R e aceptar as condicións do servizo. Só aceptan unha conexión simultánea por cliente, terá certos límites de tempo de acceso ao mes e advirten de que ao estar nunha rede Wi-Fi aberta é preciso tomar certas precaucións de seguridade.

JPEG - 131.5 KB
A nova rede sen fíos de R conta xa cuns 300 puntos de acceso
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS