R e Dos Espacios mostrarán en GaliciaTIC as oportunidades de emprendemento que abre a era dixital
martes, 5 de outubro do 2021
A
operadora R compartiu a súa axenda de actividades para o evento
GaliciaTIC, histórico
encontro das empresas e os profesionais das novas tecnoloxías da
nosa terra que abre as portas da súa 19 edición este 7 de outubro.
A compañía de telecomunicacións avaliará en GaliciaTIC os novos
modelos de negocio que xorden ao abeiro da era dixital. Farao en
colaboración coa consultora galega Dos Espacios, especializada en
comercio electrónico, que tamén debullará as oportunidades de
mercado da revolución tecnolóxica.
R
mantense como un dos patrocinadores de referencia de Galicia TIC, que
opta outra vez por un formato híbrido presencial e online,
aínda que con aumento da interacción persoal en actividades
paralelas ao evento.
Alberto
Díaz Freire, responsábel de Alianzas, IoT e Transformación Dixital
de R e Santiago Paz, director executivo (CEO) da consultora galega
Dos Espacios, especializada en comercio electrónico, serán os
encargados de avaliar no foro as devanditas cuestións de
emprendemento e dixitalización. En concreto, mostrarán e avaliarán
as principais claves de éxito dos novos negocios transformados ou en
proceso de transformación. Será na mesa temática Claves para a
supervivencia do negocio actual na era dixital. Os voceiros
achegaranse a un tema que cualifican de “especialmente sensíbel”,
que afecta a empresas de todo tipo e tamaño, ata o punto de
cuestionarse a súa supervivencia na contorna actual se non se
adaptan ao cambio con axilidade.
Para
participar como oíntes na mesa redonda podemos
rexistrarnos nela a través do blog de empresas de R.