R dará comezo en outubro ás probas no autoprovisionamento de descodificadores HD

mércores, 25 de setembro do 2013 Redacción

O operador galego R informou esta semana que a mediados do mes vindeiro comezarán as probas con clientes e establecementos referentes ao autoprovisionamento de descodificadores HD (High Definition), co fin de que “todos aqueles que non teñen o mantemento avanzado poidan aforrar os cartos da instalación”. As primeiras probas comezarán en Vigo, Santiago e Coruña e, como tales probas, precisarán da participación dos usuarios. Segundo informa R a este respecto, serán necesarios entre 3 e 3 usuarios de cada unha das ditas cidades.
O operador lembra que hai que ter contratado o servizo da televisión dixital multicanle co descodificador SD, e que o paso ao servizo HD suporá “aceptar as condicións do novo servizo coa oportunidade de sermos os primeiros en autoprovisionarnos e non ter que pagar a instalación”.
En cada unha das cidades escollerase unha tenda onde os participantes nas probas terán que entregar o aparello SD e recoller o HD para instalalo logo cada usuario no seu propio domicilio. Para poder facelo, hai que inscribirse enviando datos persoais (nome, apelidos, DNI, servizo contratado e localidade) á conta quecheparece@mundo-r.net.

PUBLICIDADE