Qualcomm presenta a súa nova tecnoloxía de son por Bluetooth

venres, 5 de marzo do 2021 Marcus Fernández

O son sen fíos en dispositivos móbiles gañou moita popularidade nos últimos anos, pero continúa a padecer serias deficiencias propias das limitacións no largo de banda e na latencia nas comunicacións, existindo numerosas tecnoloxías de codificación que buscan optimizar o son por Bluetooth, sendo Qualcomm un dos fabricantes que máis ten innovado neste ámbito e agora quere levalo un paso máis adiante coa tecnoloxía Qualcomm Snapdragon Sound, que xa conta con socios como Xiaomi, Audio-Technica e Amazon.
Snapdragon Sound agrupa unha serie de tecnoloxías de Qualcomm, que permiten escoitar son de alta resolución a 24 bits a 96 KHz, con baixa latencia (89 milisegundos), emparellamento rápido de dispositivos e comunicacións de voz nítidas, conseguindo así que as experiencias de xogos e reprodución multimedia sexa de maior calidade.
Para facer posible todo isto Qualcomm combinou numerosas das súas tecnoloxías, como cancelación de ruído activa, aptX Adaptive, aptX Voice, o codec Aqstic... en definitiva, que trátase da suma das últimas tecnoloxías de audio de Qualcomm, agrupadas baixo un único paraugas, para facilitar a súa identificación, de xeito que os fabricantes poden certificar os seus dispositivos para que, se son compatibles con estas tecnoloxías, poidan amosar o selo Snapdragon Sound e que así o público poida saber que está ante produtos que ofrecen unha boa experiencia sonora.
Para poder gozar desta tecnoloxía dun xeito óptimo, o servizo de Amazon Music HD xa luce o selo de Snapdragon Sound, ou sexa, que os usuarios deste servizo xa unha boa fonte de contidos de alta resolución que gozar a través de Bluetooth con boa calidade, aínda que cómpre salientar que son moitos os servizos que nos últimos tempos están a contar con modalidades de subscrición para gozar de son en alta resolución buscando así atender ás demandas dos máis audiófilos.

PUBLICIDADE