Prince of Persia Classic chega a Android

luns, 17 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Os usuarios de dispositivos co sistema operativo Android poden gozar dende hai uns días dunha versión de balde de Prince of Persia Classic, que permite revivir todo un clásico desenvolvido por Jordan Mechner para Apple II en 1989 e que está considerado como todo un referente do xénero, o que demostraron as súas conversións a numerosas plataformas e ao nacemento de toda unha franquía que incluso foi levada por Disney ao cine hai un par de anos.
Esta nova versión do xogo para Android conta con gráficos renovados, e inclúe 1 nivel desgloqueado, 3 vidas e 200 moedas para gastar na tenda do xogo, que segue o modelo Freemium, mentres que os usuarios que estean convencidos de adquirir este título poden mercalo completo directamente por 2,39 euros.
Prince of Persial Classic tamén conta con versión para iPhone e iPod Touch, e outra en alta definición para iPad, que durante esta semana están de oferta a 0,79 euros, o que é unha boa oportunidade para recuperar un xogo que fixo historia.

Aparte de susperar plataformas, o xogo tamén conta cun orixinal sistema de combate

PUBLICIDADE