Power On, unha serie documental sobre a historia da Xbox
luns, 13 de decembro do 2021
Microsoft
estreou hoxe Power On: A historia de Xbox, unha docuserie dividida
en seis partes que detalla a historia de Xbox nos últimos 20 anos e que podemos
ver
totalmente de balde a través de YouTube e na
tenda dixital de Microsoft (o que permite a súa reprodución dende a
aplicación PelÃculas y TV).
A docuserie permÃtenos descubrir aos grupo de apaixonados que fixeron realidade
a primeira xeración de Xbox e, a través dos distintos capÃtulos achégannos a
diferentes momentos da historia de Xbox, dende os seus humildes comezos, pasando
polo difÃcil momento das luces vermellas, até o intento de Microsoft de
adquirir Nintendo no ano 2000.
Esta produción é un paseo nostálxico que agradecerán tanto os que xogan coa
Xbox dende o primeiro dÃa como para os que son novos no mundo dos videoxogos e
queren coñecer a súa historia.
A serie documental en YouTube